O 14 de Febreiro deste
ano, o día de San Valentín, máis de 10.000 peruanos romperon na cidade de
Ayacucho o record mundial de abrazos grupais. Foi coma se os cidadáns de
Ayacucho celebraran neste día dos namorados un verdadeiro récord de amor. Os
participantes no acto, 10.783 persoas, abrazáronse fraternalmente no estadio
Ciudad de Cumaná, que abriu as súas portas as 9 da mañá. Todos os presentes
tiveron que abrazarse en parella por un tempo de 10 segundos pero antes diso o
organizador do acto, Omar Villalobos, dirixiu un ensaio no que os abrazos
duraban un minuto. Tras el o representante dos Récords Guiness en América
latina, Ralph Hannah, encargado de oficiar o evento, anunciou o inicio oficial
do intento de récord.
Todo o público nas
gradas, os participantes e invitados distinguidos, se abrazaron nunha gran
mostra de amor e fraternidade, un total de 5369 parellas.
Ayacucho, na provincia
de Huamanga, asóciase a menudo co seu pasado violento, cando era a base do
grupo guerrilleiro Sendero Luminoso na década dos oitenta. Por elo os
residentes aproveitaron a ocasión para demostrar ó mundo que todo cambia e que
xa non é unha terra de violencia senon unha terra de paz e fraternidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario