martes, 5 de junio de 2012

O Burj Khalifa

O Burj Khalifa, tamén coñecido como Burj Dubai, é o rañaceos máis alto do mundo. Este edificio de 828 metros de altura encontrase na cidade de Dubai, unha cidade que encóntrase nos EAU (Emiratos Árabes Unidos), moi cerca de Arabia Saudita. Construílo costo 1900 millóns de dólares (1.900.000.000 $), e levou aproximadamente 6 anos a súa construción. Ten 163 pisos, todos con usos varios, un hotel, suites corporativas, negocios… O seu arquitecto foi Adrian Smith, un arquitecto da compañía Skidmore, Owings and Merill unha compañía moi recoñecida polas súas construcións, entre elas a Willis Tower, unha das torres máis altas de Chicago. Toda a base do edificio esta rodeada polo Downtown Burj Khalifa, un edificio cun valor de 20 mil millóns de dólares (20.000.000.000 $). Ten 57 ascensores, os que se desprazan a 65 Kmh. Para a súa construción utilizáronse 330.000 metros cúbicos de formigón, 39.000 toneladas de vigas de ferro e mais grandes cantidades de materiais. O edificio consume 946.000 litros de auga diariamente, por suposto dulce. Pesa aproximadamente 500.000 toneladas. Ten 46 pisos de mantemento e só dous pisos de aparcamento

Espero que vos gustara esta entrada tan alta.                                                                        Yimi

No hay comentarios:

Publicar un comentario