viernes, 8 de junio de 2012

O Transiberiano

O tren transiberiano é un tren que vai dende a capital de Rusia ata a cidade de Vladivostok, no mar de Xapón, como o seu nome indica, atravesa toda Siberia. Foi estreada o 21 de Xullo de 1904. Esta vía mide 9288 quilómetros, para ir dende que empeza ata que acaba tarda 6 días e medio, por iso e a máis grande do mundo. Unha soa praza vale 5000 euros (creo, é moi difícil de encontrar). A “idea” foi do ministro de finanzas Serguéi Yúlievich Witte. Este tren pasa por encima de nove ríos importantes: O Volga, o Vetluga, o Cheptsá, o Kama, o Itse, o Ishim, o Obi,    o Yenisei e o Amur. O tren pasa por 8 franxas horarias distintas. O menú do vagón restaurante ten 18 páxinas na súa carta. O tren, empezouse a construír dende os dous lados para acabarse antes, e foi construída por convictos.
Nesta foto aparece o mapa de a vía de tren transiberiana, transmanchuriana e transmongoliana. E na outra foto unha imaxe da locomotora e os vagóns por detrás.
Espero que vos gustara a entrada sobre este tren tan espectacular                                           Yimi                                                                                    


martes, 5 de junio de 2012

O Burj Khalifa

O Burj Khalifa, tamén coñecido como Burj Dubai, é o rañaceos máis alto do mundo. Este edificio de 828 metros de altura encontrase na cidade de Dubai, unha cidade que encóntrase nos EAU (Emiratos Árabes Unidos), moi cerca de Arabia Saudita. Construílo costo 1900 millóns de dólares (1.900.000.000 $), e levou aproximadamente 6 anos a súa construción. Ten 163 pisos, todos con usos varios, un hotel, suites corporativas, negocios… O seu arquitecto foi Adrian Smith, un arquitecto da compañía Skidmore, Owings and Merill unha compañía moi recoñecida polas súas construcións, entre elas a Willis Tower, unha das torres máis altas de Chicago. Toda a base do edificio esta rodeada polo Downtown Burj Khalifa, un edificio cun valor de 20 mil millóns de dólares (20.000.000.000 $). Ten 57 ascensores, os que se desprazan a 65 Kmh. Para a súa construción utilizáronse 330.000 metros cúbicos de formigón, 39.000 toneladas de vigas de ferro e mais grandes cantidades de materiais. O edificio consume 946.000 litros de auga diariamente, por suposto dulce. Pesa aproximadamente 500.000 toneladas. Ten 46 pisos de mantemento e só dous pisos de aparcamento

Espero que vos gustara esta entrada tan alta.                                                                        Yimi

domingo, 3 de junio de 2012

UN RÉCORD DE AMOR E FRATERNIDADE


O 14 de Febreiro deste ano, o día de San Valentín, máis de 10.000 peruanos romperon na cidade de Ayacucho o record mundial de abrazos grupais. Foi coma se os cidadáns de Ayacucho celebraran neste día dos namorados un verdadeiro récord de amor. Os participantes no acto, 10.783 persoas, abrazáronse fraternalmente no estadio Ciudad de Cumaná, que abriu as súas portas as 9 da mañá. Todos os presentes tiveron que abrazarse en parella por un tempo de 10 segundos pero antes diso o organizador do acto, Omar Villalobos, dirixiu un ensaio no que os abrazos duraban un minuto. Tras el o representante dos Récords Guiness en América latina, Ralph Hannah, encargado de oficiar o evento, anunciou o inicio oficial do intento de récord.

Todo o público nas gradas, os participantes e invitados distinguidos, se abrazaron nunha gran mostra de amor e fraternidade, un total de 5369 parellas.

Ayacucho, na provincia de Huamanga, asóciase a menudo co seu pasado violento, cando era a base do grupo guerrilleiro Sendero Luminoso na década dos oitenta. Por elo os residentes aproveitaron a ocasión para demostrar ó mundo que todo cambia e que xa non é unha terra de violencia senon unha terra de paz e fraternidade