viernes, 8 de junio de 2012

O Transiberiano

O tren transiberiano é un tren que vai dende a capital de Rusia ata a cidade de Vladivostok, no mar de Xapón, como o seu nome indica, atravesa toda Siberia. Foi estreada o 21 de Xullo de 1904. Esta vía mide 9288 quilómetros, para ir dende que empeza ata que acaba tarda 6 días e medio, por iso e a máis grande do mundo. Unha soa praza vale 5000 euros (creo, é moi difícil de encontrar). A “idea” foi do ministro de finanzas Serguéi Yúlievich Witte. Este tren pasa por encima de nove ríos importantes: O Volga, o Vetluga, o Cheptsá, o Kama, o Itse, o Ishim, o Obi,    o Yenisei e o Amur. O tren pasa por 8 franxas horarias distintas. O menú do vagón restaurante ten 18 páxinas na súa carta. O tren, empezouse a construír dende os dous lados para acabarse antes, e foi construída por convictos.
Nesta foto aparece o mapa de a vía de tren transiberiana, transmanchuriana e transmongoliana. E na outra foto unha imaxe da locomotora e os vagóns por detrás.
Espero que vos gustara a entrada sobre este tren tan espectacular                                           Yimi                                                                                    


martes, 5 de junio de 2012

O Burj Khalifa

O Burj Khalifa, tamén coñecido como Burj Dubai, é o rañaceos máis alto do mundo. Este edificio de 828 metros de altura encontrase na cidade de Dubai, unha cidade que encóntrase nos EAU (Emiratos Árabes Unidos), moi cerca de Arabia Saudita. Construílo costo 1900 millóns de dólares (1.900.000.000 $), e levou aproximadamente 6 anos a súa construción. Ten 163 pisos, todos con usos varios, un hotel, suites corporativas, negocios… O seu arquitecto foi Adrian Smith, un arquitecto da compañía Skidmore, Owings and Merill unha compañía moi recoñecida polas súas construcións, entre elas a Willis Tower, unha das torres máis altas de Chicago. Toda a base do edificio esta rodeada polo Downtown Burj Khalifa, un edificio cun valor de 20 mil millóns de dólares (20.000.000.000 $). Ten 57 ascensores, os que se desprazan a 65 Kmh. Para a súa construción utilizáronse 330.000 metros cúbicos de formigón, 39.000 toneladas de vigas de ferro e mais grandes cantidades de materiais. O edificio consume 946.000 litros de auga diariamente, por suposto dulce. Pesa aproximadamente 500.000 toneladas. Ten 46 pisos de mantemento e só dous pisos de aparcamento

Espero que vos gustara esta entrada tan alta.                                                                        Yimi

domingo, 3 de junio de 2012

UN RÉCORD DE AMOR E FRATERNIDADE


O 14 de Febreiro deste ano, o día de San Valentín, máis de 10.000 peruanos romperon na cidade de Ayacucho o record mundial de abrazos grupais. Foi coma se os cidadáns de Ayacucho celebraran neste día dos namorados un verdadeiro récord de amor. Os participantes no acto, 10.783 persoas, abrazáronse fraternalmente no estadio Ciudad de Cumaná, que abriu as súas portas as 9 da mañá. Todos os presentes tiveron que abrazarse en parella por un tempo de 10 segundos pero antes diso o organizador do acto, Omar Villalobos, dirixiu un ensaio no que os abrazos duraban un minuto. Tras el o representante dos Récords Guiness en América latina, Ralph Hannah, encargado de oficiar o evento, anunciou o inicio oficial do intento de récord.

Todo o público nas gradas, os participantes e invitados distinguidos, se abrazaron nunha gran mostra de amor e fraternidade, un total de 5369 parellas.

Ayacucho, na provincia de Huamanga, asóciase a menudo co seu pasado violento, cando era a base do grupo guerrilleiro Sendero Luminoso na década dos oitenta. Por elo os residentes aproveitaron a ocasión para demostrar ó mundo que todo cambia e que xa non é unha terra de violencia senon unha terra de paz e fraternidade

martes, 29 de mayo de 2012

O RÉCORD DUNHA TORRE DE XOGUETE


A primeira torre feita con pezas de construcción do lego se levantou en Londres en 1988 e tiña algo máis de 15 metros de altura. Desde entón a compañía danesa se ten paseado por 43 cidades de 31 paises do mundo coa intención de construir soños cada vez máis altos.

E foi así como un grupo de escolares, afeccionados e curiosos se reuniron o mes de Abril do ano pasado en Sao Paulo,  Brasil, para construir unha torre xigante con pezas do lego. Esta construcción superou os 30´94 metros doutra que a empresa levantara en Chile en Novembro de 2010 e que ata entón tiña o récord Guiness en este tipo de construccións. En Brasil utilizáronse cerca de medio millón das emblemáticas pezas de lego, eses pequeños cuadriláteros de plástico multicolor que son unha especie de ladrillos. Na construcción da torre interviron 6000 persoas voluntarias, entre mozos, nenos e adultos, que si ben ó principio traballaron no chan, ó final tiveron que facelo subidos a unha grúa. Tras nada menos que catro días de construcción , o último bloque foi posto polo xugador de futbol Cafú, que subido á grúa levouse os aplausos dos presentes.

Laura Rivera Ces
6ªA

domingo, 27 de mayo de 2012

RECORDS DA  LIGA ESPAÑOLA DE FUTBOL

1. MÁIS LIGAS GAÑADAS (31) REAL MADRID

TITULOS: 1932, 1933, 1954, 1955, 1957, 1958, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1967, 1968, 1969, 1972, 1975, 1976, 1978, 1979, 1980, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1995, 1997, 2001, 2003, 2007, 2008.
2. MÁIS GOLES NUNHA TEMPORADA (107) REAL MADRID (1989/1990)
3. SEMPRE EN 1ª DIVISIÓN (1928-2010) REAL MADRID, BARCELONA E ATHLETIC BILBAO

4. MAÍS VICTORIAS EN TOTAL (1446) REAL MADRID

1º - REAL MADRID (1446)
2º - BARCELONA (1377)
3º - ATHLETIC BILBAO (1095)
4º - ATLETICO MADRID (1084)
5º - VALENCIA (1071)
 5. CAMPION CON MÁIS PUNTOS (99) BARCELONA (2009/2010)
6. PARTIDOS SEGUIDOS GAÑANDO (15) REAL MADRID (1960/1961)
7. EXTRANXEIRO CON MÁIS GOLES (234) HUGO SANCHEZ (México)
8. PUNTOS TOTAIS EN LIGA (3746) REAL MADRID
9. EXTRANXEIRO CON MAS TÍTULOS (8) DI STEFANO (Arxentina)
10. MAIOR GOLEADA NA CASA (1930/31) ATHLETIC BILBAO 12 BARCELONA 1
11. MENOS GOLEADO NUNHA TEMPORADA (15) REAL MADRID (1931/1932)
12. DIFERENCIA GOLES A FAVOR E EN CONTRA (2009/2010) BARCELONA +74 GOLES (98/24)
13. MÁIS VICTORIAS NUNHA LIGA (31) BARCELONA (2009/2010) E REAL MADRID (2009/2010)
14. MÁIS GOLES NUNHA TEMPORADA (38) ZARRA (Athlétic) e HUGO SÁNCHEZ (Real Madrid)
15. XOGADORES CON MÁIS GOLES NUN PARTIDO (7) BATA (Athlétic) E KUBALA (Barcelona)
16. XORNADAS  SEGUIDAS MARCANDO (10) MARTÍN (Barcelona) E  RONALDO (Barcelona)
17. XOGADOR  CON MAS PICHICHIS (6) ZARRA
19. XOGADOR  CON MÁIS PARTIDOS (622) ZUBIZARRETA

20. MELLOR PROMEDIO GOLES MARCADOS (1930/1931) ATHLETIC BILBAO 4'06 GOLES POR PARTIDO

21. PARTIDO CON MAÁIS GOLES (14) ATHLETIC BILBAO 9 RACING SANTANDER 5 (1932/1933)

22. MEJOR PROMEDIO GOLES ENCAJADOS (1993/1994) DEPORTIVO 0'47 GOLES POR PARTIDO
Aquí vos deixo uns dos records da Liga Española. Espero que vos guste, e aprendades algo sobre os records la Liga Española.                                               Feito por: Borja Vizoso Rey. Un saúdo.     
Cristiano Ronaldo bateu outro récord en España co seu ‘hat trick’ .

Cristiano Ronaldo mostrou  seu perfil mais ambicioso tras a  sua exhibición no clásico de Madrid ao afirmar: “Eu non busco récords, sie non títulos”. O portugues conseguiu un "hac trick" que posibilitou o triunfo do seu equipo no campo do Atlético de Madrid.

Cristiano situouse ao frente da clasificación de goleadores de la Liga Espñola con 40 tantos, un mais que Lionel Messi. E ademais converteuse no  primeiro xogador en conseguir 20 goles fora da casa na  historia da Liga española.

“Os récords son solo para a tele. Yo no busco récords, sino títulos. O que queremos e chegar  a final de temporada e gañar a  Liga e Champions”, declarou ao final do partido. Ademais, o portugués descarou calquer eloxio individual y alabou otraballo do sue equipo.

“Foi un partido completo, da miña  parte e de o meu equipo. Estou moi feliz. Estamos con catro puntos de ventaxa (sobre o Barcelona) y está ben”, explicou. E añadiu: “Meus compañeiros xugaron moi ben. Tuvemos unha defensa moi sólida  diante fixemos o noso traballo, que e marcar goles”.

A estrella do Real Madrid  tambén hablóu de la persecución do Barcelona e  dijxo: “Non tenemos ansiedad, solo estamos un pouco presionados”. O portugués abogó por seguir mantendo o espíritu de sacrificio. “Todavía falta. Non podemos pensar que tenemos gañada a Liga”, insisteu.
Finalmente, mandou un novo mensaxe de ambición: “Estou convencido de que vamos a gañar (aa Liga). Perder non entra no meu  vocabulario”.

viernes, 18 de mayo de 2012

Os terremotos

Os terremotos son os movementos da terra provocados polas capas da codia terrestre, tamén son chamados sismos. Os terremotos son unha clase de catástrofe natural na que os movementos de terra destrúen os edificios e estruturas. Existe outro problema, se o terremoto ocorre no mar unha grande onda pode arrasar as costas. E como este blog é de records, aquí ven unha lista dos máis fortes da historia:
1.      O terremoto de Valdivia: Ocorreu o 22 de Maio de 1960 e tivo 9.5 grados na escala de Richter.
2.      O terremoto de Alaska: Ocorreu o 28 de Marzo de 1964 e tivo 9,2 grados na escala de Richter.
3.      O terremoto do Océano Índico: Ocorreu o 26 de Decembro de 2004 e tivo 9.1 grados na escala de Richter.
4.      O terremoto de Japón: Ocorreu o 11 de Marzo de 2011 e tivo 9.0 grados na escala de Richter.
5.      O teremoto de Kamchatka: Ocorreu o 4 de Noviembre de 1952 e tivo 9.0 grados na escala de Richter.

E por se non o sabedes a escala de Richter e a escala coa que se mide a forza dos terremotos.
Espero que vos gustara                                                                                                        Yimi