domingo, 13 de mayo de 2012

MICHAEL JACKSON, UN CANTANTE DE RÉCORDS


Segundo o libro Guiness dos Records, Michael Jackson foi o artista musical máis exitoso de tódolos tempos. Na súa carreira vendeu 750 millóns de discos (e iso son moitos discos).

Ademáis ocupou o primeiro lugar en países como Estados Unidos, Reino Unido, Francia, España, Italia, Canadá, Australia, Alemania, Países Baixos, Bélxica, Dinamarca ou Irlanda.

 Outor factor que definiu a Michael Jackson, tanto na súa vida diaria como nos seus conciertos e videoclips, é a extravagancia e orixinalidade da súa indumentaria, creando un estilo propio que, ó igual que no seu baile, o fixo distinguirse. Un dos seus símbolos máis representativos é a luva branca nunha man e os calcetíns brillantes, á par cunha chaqueta negra igualmente brillante. Tamén é coñecido o seu gusto polos traxes militares, adornados con medallas e insignias e lentes escuros.

Os récords musicais que posúe Michael Jackson son tan numerosos que precisariamos varias páxinas para nomealos. Sirvan como exemplo os seguintes:

-É o artista máis premiado da historia (450 galardóns, entre eles 18 grammys).

-É o artista que máis cartos aportou a causas benéficas na historia, prestando a súa axuda a 39 institucións de caridade e donando máis de 300 millóns de dólares.

Definitivamente a norte de Michael Jackson será chorada durante anos.

Laura Rivera Ces,
6ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario