A primeira torre feita
con pezas de construcción do lego se levantou en Londres en 1988 e tiña algo
máis de 15 metros de altura. Desde entón a compañía danesa se ten paseado por
43 cidades de 31 paises do mundo coa intención de construir soños cada vez máis
altos.
E foi así como un grupo
de escolares, afeccionados e curiosos se reuniron o mes de Abril do ano pasado
en Sao Paulo, Brasil, para construir
unha torre xigante con pezas do lego. Esta construcción superou os 30´94 metros
doutra que a empresa levantara en Chile en Novembro de 2010 e que ata entón
tiña o récord Guiness en este tipo de construccións. En Brasil utilizáronse
cerca de medio millón das emblemáticas pezas de lego, eses pequeños
cuadriláteros de plástico multicolor que son unha especie de ladrillos. Na
construcción da torre interviron 6000 persoas voluntarias, entre mozos, nenos e
adultos, que si ben ó principio traballaron no chan, ó final tiveron que facelo
subidos a unha grúa. Tras nada menos que catro días de construcción , o último
bloque foi posto polo xugador de futbol Cafú, que subido á grúa levouse os
aplausos dos presentes.
Laura Rivera Ces
6ªA