Pé de foto: Nesta foto vese o avión máis grande do mundo o Antonov An-225 Mriya, un avión de carga.
Queridos lectores:
Este blog foi creado para informar e entreter á xente. Eliximos este tema porque nos gustan os records. Neste blog encontraredes contidos para todas as idades e todos os gustos. Nós pensamos que está moi ben porque os records son interesantes e que tamén podedes aprender moitas cousas lendo ao mesmo tempo do que nós o escribimos. Este blog vai ser actualizado dúas veces á semana por nós, os do grupo. Todo isto é un traballo escolar para a clase de Lingua Galega. Gustaríanos que todos os lectores que estén lendo esto empecen e continúen a seguir o noso blog. Coma xa dixen, neste blog ides encontrar moitos records, pero non so un tipo de records, senón que vai haber de todos os tipos: técnicos, de animais, de persoas, da televisión, de internet… Por iso non tedes disculpa para non ler o noso blog! Nós somos tres persoas, chamámonos Yimi, Borja e Laura, e cremos que o blog vai ter moito éxito entre a xente.
Moitas grazas por ler esta presentación e que vos guste moito o blog. Yimi
esta moi ben a entrada, jaja
ResponderEliminarMoi ben. Xa estades en marcha. Agora a traballar e aprender moito.
ResponderEliminarO mestre
Me encanta o voso blog.
ResponderEliminarUn bico.