miércoles, 25 de abril de 2012

O Concorde

O concorde, foi o avión comercial máis rápido da historia ata que se deixou de utilizar en 2003 por ser pouco rentable e polo accidente que un dos vinte fabricados tivo no ano 2000. Este avión só foi utilizado por dous compañías aéreas: British Airways e Air France. Foi fabricado por Aérospatiale (Francia) e BAC (Inglaterra). O avión, nun voo normal, alcanzaba a impresionante velocidade de Mach 2.2 que é igual que 2200 quilómetros por hora, máis do dobre que un avión comercial normal. Os avións de Air France podía levar 92 persoas e os de British Airways 100. Este avión facía a ruta Nova York - París en dúas horas e media (nun avión normal son oito horas),Nova York - Caracas, Nova York - Cidade de México, Nova York - Londres e Londres ou París - Washington D.C. Foi o segundo avión comercial supersónico tendo por diante o Tupolev Tu-144, aínda así o Concorde era máis rápido. Os Concords que quedan estan en museos, aeroportos e incluso texados de edificios importantes. O Concorde mide 62 metros de largo e 12.20 metros de altura. Tiña 7250 quilómetros de autonomía se non estaba cargado ao máximo.
Espero que vos gustara a entrada.                                                                                                    Yimi

martes, 24 de abril de 2012

Benvidos

                                                 
Pé de foto: Nesta foto vese o avión máis grande do mundo o Antonov An-225 Mriya, un avión de carga.

Queridos lectores:
Este blog foi creado para informar e entreter á xente. Eliximos este tema porque nos gustan os records. Neste blog encontraredes contidos para todas as idades e todos os gustos. Nós pensamos que está moi ben porque os records son interesantes e que tamén podedes aprender moitas cousas lendo ao mesmo tempo do que nós o escribimos. Este blog vai ser actualizado dúas veces á semana por nós, os do grupo. Todo isto é un traballo escolar para a clase de Lingua Galega. Gustaríanos que todos os lectores que estén lendo esto empecen e continúen a seguir o noso blog. Coma xa dixen, neste blog ides encontrar moitos records, pero non so un tipo de records, senón que vai haber de todos os tipos: técnicos, de animais, de persoas, da televisión, de internet… Por iso non tedes disculpa para non ler o noso blog! Nós somos tres persoas, chamámonos Yimi, Borja e Laura, e cremos que o blog vai ter moito éxito entre a xente.

Moitas grazas por ler esta presentación e que vos guste moito o blog.                                                                                                                                                  Yimi